O Liceo xogará co Reus na semifinal da Supercopa e comezará a OK Liga 23/24 contra o Igualada

O Liceo xogará co Reus na semifinal da Supercopa e comezará a OK Liga 23/24 contra o Igualada

26 de xullo de 2023


A Supercopa será o 23 de setembro, mentres que a competición da regularidade iniciará no Pazo dos Deportes o día 30.

A Supercopa de España 2023 do 23 e o 24 de setembro xa ten cruces. O do Deportivo Liceo, como era de agardar, non será sinxelo: será co Reus Deportiu no primeiro día de competición, con horario definitivo por confirmar.

En caso de triunfo, o conxunto de Juan Copa atoparíase co gañador da segunda semifinal entre Barça e Calafell. Tódolos partidos terán lugar no Pavelló Olímpic de Reus, polo que o Liceo loitará fronte ó anfitrión.

Ante o Igualada para comezar a OK Liga

No mesmo acto, a Real Federación Española de Patinaxe tamén sorteou o calendario da OK Liga 23/24.

O Liceo, actual subcampión, comezará en casa ante o Igualada. O Pazo dos Deportes de Riazor vivirá o primeiro partido da OK Liga o sábado 30 de setembro, unha semana despois da disputa da Supercopa. Será ás 18:00h, a falta de trocos de última hora.

A fase regular rematará, presumiblemente, o 27 de abril de 2024. Seguiranlle os habituais playoffs polo título.

O calendario completo de enfrontamentos é o seguinte:

Deixa un comentario