13 de agosto de 2024
Juan Copa e os seus xogadores empezarán un mes e medio de preparación que finalizará o 5 de outubro coa disputa da Supercopa.
O Deportivo Liceo 24/25 xa ten data de saída: o luns 19 de agosto. Ese é o día elixido para que Juan Copa e o seu plantel regresen ó traballo. Un mes e medio de intensa preparación que terá ó Pazo dos Deportes de Riazor como centro neurálxico. Durante o mesmo disputaranse varios amistosos todavía por confirmar.
Esta pretempada finalizará oficialmente o día 5 de outubro, momento no que comezará o lume real coa disputa da Supercopa de España (a celebrar na Coruña). Unha semana despois inaugurarase a OK Liga, tamén en Riazor.
Sen a presenza, de momento, de César e Jacobo
Polo momento, o míster coruñés non poderá contar con César Carballeira e con Jacobo Copa debido á súa presenza nas diferentes categorías da selección española para preparar os World Skate Games.
O dorsal 5 trasladarase á cidade italiana de Novara entre o 16 e o 22 de setembro, mentres que Jacobo xogará coa sub-19 nacional entre o 8 e o 14.
Si está chamado o resto do plantel: Martí Serra, Martín Rodríguez, Nil Cervera, Arnau Xaus, Dava Torres, Fabri Ciocale, Bruno Saavedra, Pablo Cancela e Tato Ferruccio.