O Liceo incorpora a Bruno Saavedra

O Liceo incorpora a Bruno Saavedra

6 de xullo de 2023


O prometedor coruñés asina un contrato por tres tempadas e será o primeiro xogador vido do Dominicos desde Juan Copa, o que será o seu adestrador.

O Deportivo Liceo 23/24 continúa tomando forma. Se a identidade galega e coruñesa do club medrou coa renovación recente de César Carballeira, aumenta agora coa incorporación de Bruno Saavedra (Santiago de Compostela, A Coruña, 2005). O prometedor xogador formado no Club Hockey Compostela e no Dominicos militará no plantel que comandará Juan Copa.

Bruno tomará a testemuña do propio Copa como o xogador máis recente vido do Dominicos. O actual adestrador do Liceo xa realizou esa viaxe no ano 1999. Agora ambos loitarán por un obxectivo común.

El coruñés Saavedra es un habitual de las categorías inferiores de España y ha logrado títulos a nivel internacional

Saavedra, que asina por tres tempadas, é unha das promesas máis destacadas do hockey español. Xa é habitual do combinado nacional nas súas categorías inferiores e, de feito, conseguiu títulos internacionais. Destacan o europeo sub-17 de 2021 e a medalla de bronce nos World Roller Games 2022 de Arxentina.

O curso 22/23 foi o da súa consagración na OK Prata Norte, un dos dous grupos da segunda categoría española. Con tan só 17 anos, Bruno sumou nove goles e unha asistencia nos 16 partidos que disputou co Dominicos.

A nova incorporación do Liceo únese ó resto de xogadores confirmados para a tempada 23/24: Martí Serra, Sito Ricart, César Carballeira, Dava Torres e Fabri Ciocale. O clube traballa en novas altas para completar a plantilla e serán anunciadas nas próximas datas.

Deixa un comentario