Imaxe: MÓNICA ARCAY.
Se algo ten claro o Deportivo Liceo é que a paixón polo deporte comeza nas idades máis tempranas. Por esa razón, o club aplicará desde este momento unha política que facilite ese proceso o máximo posible.
Os nenos e nenas que cumplan calquera das seguintes condicións poderán asistir de xeito gratuito a tódolos partidos do Liceo ata o final do presente curso:
- Ter 12 anos ou menos. En casos non tan evidentes, deberá acreditarse a idade mediante DNI.
- Estudar no Colexio Liceo La Paz, sexa cal sexa a idade. Os alumnos deberán vestir prendas do centro para poder entrar.
- Contar cunha ficha federativa de hockey sobre patíns que se deberá ensinar nas portas de entrada ó Pazo dos Deportes.
Este novo modo de proceder entrará en vigor o venres desta mesma semana, día no que Juan Copa e os seus xogadores recibirán ó PHC Sant Cugat (21:30h).
Gozar do mellor hockey sobre patíns está ó alcance da man. Liceístas, contamos con vós en Riazor!