Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
Punto e seguido para os xogadores e o corpo técnico do Deportivo Liceo, que desfrutarán dun merecido descanso tras deixar ó equipo na cima da competición nacional. Este receso rematará o día 26 de decembro co regreso dos adestramentos.
Aínda así non será unha semana sen novas, posto que o 22 sairá á luz o rival do Liceo na semifinal da Supercopa de España. Será o Barcelona, o Reus ou o Noia nun partido a celebrar o 2 de xaneiro do novo 2021. Unha semana máis tarde regresará a OK Liga cunha proba de altura: a visita ao propio Reus.
Este descanso chega tras un excelso inicio de campaña no que Juan Copa e os seus asinaron nada menos que 37 puntos de 39 posibles, con 12 vitorias consecutivas (record histórico do club) e un empate.