O Deportivo Liceo 21/22 contará con Jordi Burgaya, comprometido por dúas tempadas tras rematar a súa estancia no Forte dei Marmi. Unha incorporación de altísimo nivel para o equipo dirixido por Juan Copa, que novamente procurará o ambicioso obxectivo de pelexar por tódolos títulos.
Burgaya (Sant Hipòlit, 1995) é un talentoso atacante que destacou no CP Vic campión de Copa do Rei. Naquel ano xa compartiu plantel con dous dos seus futuros compañeiros: Carles Grau e Dava Torres. Posteriormente, o catalán asinou polo Oliveirense e polo Forte dei Marmi mentres sumaba internacionalidades e gloria coa Selección Española. Sen ir máis lonxe, foi campión xunto a Jordi Adroher dos World Roller Games (2017).
A súa fichaxe únese á do seu paisano Àlex Rodríguez, tamén orixinario de Sant Hipòlit. Salvo novidade, pecha o primeiro plantel masculino a falta de dous meses para o inicio da competición. O equipo conta actualmente cos seguintes xogadores: Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Maxi Oruste, Marc Grau, Roberto Di Benedetto, Jordi Adroher, Dava Torres e os propios Àlex Rodríguez e Jordi Burgaya.
— Hockey Club Liceo (@HockeyClubLiceo) July 15, 2021