O Deportivo Liceo encarrila o pase

O Deportivo Liceo encarrila o pase

FOTOS: HOCKEY GLOBAL

O Deportivo Liceo deberá esperar para certificar o seu pase aos cuartos de final da liga Europea. A pesar da vitoria cultivada #ante o Saint Omer, os de Juan Copa deberán empatar como mínimo no próximo choque #ante un Forte dei Marmi que venceu ao Oliveirense, abrindo así aos herculinos a posibilidade de pelexar polo primeiro posto cun cadro portugués ao que agora igualan na clasificación.

Complicado por momentos, así foi o encontro para un Deportivo Liceo que se puxo moi pronto por diante no marcado grazas a un tanto de Marc Grau nunha primeira parte na que os locais estiveron espesos en ataque diante dun Saint Omer que se mantivo no choque grazas á gran actuación da súa meta. Varios disparos de de Dava Torres, con penalti incluído, que tamén fallaría Maxi Oruste e algunha chegada de Roberto dei Benedetto foron as mellores ocasións herculinas antes de irse ao descanso.

O paso polos vestiarios non sentou nada ben ao conxunto de Copa que en dous minutos viu como os franceses dábanlle a volta ao marcado cun penalti transformado transformado por Baieli, que anotaría tamén o segundo visitante.

Mellores que o seu rival a pesar de ir por baixo no marcador, os locais apertaron, meteron unha marcha máis e, liderados por un gran Maxi Oruste e un acertado Roberto dei Benedetto conseguiron, igualar en primeiro lugar cunha falta directa transformada polo arxentino e, posteriormente poñerse por diante cun tanto de Bruno dei Benedetto.

Aí remato o choque e a resistencia francesa que, a falta dun minuto, encaixou o quinto con outra falta directa transformada por Roberto dei Benedetto para deixar o pase a cuartos moi encarrilado con 5 puntos de vantaxe sobre o Forte dei Marmi.

Ficha del partido:

Deportivo Liceo: Carles Grau, Dava Torres, Franco Platero, Marc Grau y Roberto di Benedetto –Cinco inicial- Facu Bridge, Bruno di Benedetto, Maxi Oruste y Fabriccio Ciocale.

Saint Omer: Chambell, Jacobo Mantiñán, Savreux, Baieli, Le Roux –Cinco inicial- Barengo, Cuenca y Querol.

Goles: 1-0, min 6: Marc Grau; 1-1, min 29; Baieli; 1-2, min 31: Baieli; 2-2 min 32: Maxi Oruste; 3-2, min: Roberto di Benedetto; 4-2, min 45: Bruno di Benedetto; 5-2 min 49: Roberto di Benedetto.

Colexiados: Orlando Pazo y Silvia Coelho. Azul (min 49) Jacobo Matiñán.

Incidencias: Riazor. 4º xornada Liga Europea.

Deixa un comentario