O Deportivo Liceo acudirá esta semana ó Torneo Internacional de Famalicão

O Deportivo Liceo acudirá esta semana ó Torneo Internacional de Famalicão

4 de setembro de 2023


A expedición liderada por Juan Copa xogará tres amistosos os días 8, 9 e 10 de setembro.

Tres dos catro amistosos restantes do Deportivo Liceo conformarán o Torneo Internacional de Famalicão. Esta proba, a celebrar do 8 ó 10 de setembro no Parque das Tílias de Riba de Ave, significará un segundo stage en Portugal para os homes dirixidos por Juan Copa despois do realizado a semana pasada.

Disputarán tres partidos en tres días fronte a Famalicense (8 de setembro), Riba d’Ave (día 9) e Saint-Omer (día 10). A expedición regresará á Coruña o mesmo domingo 10 despois do encontro ante os franceses.

Un amistoso máis antes da acción real

Unha vez finalizado o Torneo, ó Deportivo Liceo tan só lle restará un compromiso amigable máis. Será o 17 de setembro ante o Rivas Hockey co Pazo dos Deportes de Riazor como anfitrión. O horario concreto do partido todavía non está confirmado.

Posteriormente chegará a semifinal da Supercopa de España ante o Reus Deportiu. Disputarase o 23 de setembro no Pavelló Olímpic da mesma cidade e cun horario aínda sen confirmar.

Estes son os resultados do Deportivo Liceo nos amistosos celebrados ata o de agora:

  • DEPORTIVO LICEO 4-3 UD Oliveirense | CRÓNICA
  • OC Barcelos 4-2 DEPORTIVO LICEO | CRÓNICA
  • UD Oliveirense 1-2 DEPORTIVO LICEO | CRÓNICA
  • AD Valongo 3-4 DEPORTIVO LICEO | CRÓNICA

Deixa un comentario