Imaxe: Iria Roma.
O Comité de Competición e Disciplina Deportiva da Federación Galega de Patinaxe, en data de 19 de febreiro de 2021, adoptou por orde da Xunta de Galicia, a suspensión das competicións federadas de ámbito autonómico en data de 21 de xaneiro de 2021, o que concerne tanto ás Ligas Senior Feminina e Masculina de hockey sobre patíns.
Atendendo ós criterios establecidos na Normativa Xeral, establécese que o Compañía de María e o CH Compostela A sexan os equipos clasificados para a OK Liga Bronce. En categoría feminina, o HC Borbolla e o Deportivo Liceo son as escadras clasificadas para a OK Prata feminina.
As catro escadras confirmaron a súa participación en ditas competicións. A decisión notificouselle á Real Federación Española de Patinaxe. Ambas competicións comezarán o vindeiro 13 de marzo.