20 de novembro de 2024
Celebrarase o 6 de decembro.
O Colexio Liceo levará a cabo unha recollida de xoguetes, que posteriormente serán enviados á Comunidade Valenciana.
O Colexio Liceo La Paz será anfitrión o 6 de decembro do 1º Torneo Solidario Feminino de hockey sobre patíns. O evento xuntará a xogadoras de categoría benxamín e sub-17 e impulsará unha recollida final de xoguetes organizada polo centro educativo, que posteriormente serán enviados á Comunidade Valenciana.
O Torneo comezará ás 10:30h coas máis pequenas, representando a ata catro clubes: Bembibre, Escola Lubiáns, Cambre e o propio Liceo. A orde do día será a seguinte:
- 10:30h: Deportivo Liceo vs. Cambre
- 12:30h: Bembibre HC vs. Escola Lubiáns
- 16:00h: Partido polo 3º e o 4º posto
- 17:00h: Final Benxamín
Ás 19:00h será o turno da categoría sub-17, que implicará un único partido entre o Deportivo Liceo e o Bembibre. A entrega de medallas celebrarase ás 20:30h para poñer punto e final ó hockey.