Nos complicados tempos de conflicto nos que nos atopamos, toda aportación é benvida. Por iso, tanto o Banco de Alimentos Rías Altas como o Deportivo Liceo organizarán o vindeiro sábado 19 unha recollida de víveres con destino ó pobo ucraíno.
Todo aquel que queira aportar poderá facelo de dúas maneiras. A primeira terá lugar, como se mencionou anteriormente, na previa do noso vindeiro partido contra o Caldes (17:00h). A explanada de Riazor estará preparada para recibir comida precociñada ou en conserva, leite infantil, material sanitario ou calquera tipo de provisión que poida facilitarlle as cousas á xente de Ucraína.
Se, polo contrario, é preferible unha contribución económica, é posible apoiar ó proxecto de axuda humanitaria e recollida de refuxiados SOS Ucrania cunha transferencia ó seguinte número de conta: ES34 2100 5902 7102 0016 8473.
Confiamos en vós, Liceístas, para axudar á xente que máis o necesita.