Nil Cervera pon a guinda ó novo proxecto do Liceo

Nil Cervera pon a guinda ó novo proxecto do Liceo

8 de xullo de 2024


O novísimo xogador catalán asina ata 2026, con opción a dous anos máis, tras destacar no hockey do máximo nivel.

Este movemento levouse a cabo da man de ABANCA.

 

 

Nil Cervera del Fresno (2003) é a última incorporación do novo e ambicioso proxecto do Deportivo Liceo. O prometedor xogador catalán procede do Igualada e asina unha vinculación de dous anos máis outros dous opcionais nun movemento levado a cabo da man de ABANCA.

Cervera, que en agosto cumprirá 21 anos, destacou no máximo nivel nacional e europeo a pesar da súa xuventude. O curso 23/24 foi o da súa gran explosión, tamén a nivel goleador. Atopou o fondo da rede ata en 29 ocasións, sendo 21 delas na OK Liga.

Ademais da camiseta do Igualada tamén portou a do combinado español absoluto, ó cal defendeu na Copa de Nacións celebrada o pasado mes de marzo. Nese equipo coincidiu con outro novo liceísta: Arnau Xaus. Tamén con Martí Serra, Dava Torres e César Carballeira.

A fichaxe de Nil Cervera é a última peza do renovado proxecto liceísta. Únese así ó mencionado Xaus, a Tato Ferruccio, a Martín Rodríguez e a Jacobo Copa. Cinco incorporacións co obxectivo de continuar loitando por tódolos títulos posibles.

Deixa un comentario