O Deportivo Liceo e María Sanjurjo xuntan novamente os seus camiños. A xogadora coruñesa, nacida no ano 2000, regresará á disciplina verdibranca tras formar parte dela no pasado. Unha peza chave no futuro do equipo, que xa ten en mente o novo desafío que suporá a OK Liga 21/22.
María comezou a súa andadura no hockey da man do Dominicos, para posteriormente fichar polo propio Liceo (onde xa xogou OK Liga) e polo Telecable Gijón. A pesar da súa corta idade, conta no seu haber con éxitos deportivos de nivel tales como unha Copa da Raíña ou un Campionato do Mundo (Roller Games de Barcelona 2019).
Esta terceira incorporación sucede ás xa anunciadas de Alba Garrote e Adriana Soto, ademáis de á extensión de vinculación de Bea Gaete.