Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
O Deportivo Liceo e Marc Grau chegaron a un acordo para que o goleador de Lloret vista a camiseta verdibranca, como mínimo, ata 2022. O club asegúrase así a continuidade do xogador de 25 anos, xa importante no presente pero tamén con moito futuro.
O número 9 chegou a A Coruña en verán de 2019 xunto ó seu irmán Carles, outra das pezas clave do equipo dirixido por Juan Copa. Desde aquel momento, Marc amosou con creces a súa eficacia de cara a gol e a súa capacidade asociativa. Sen ir máis lonxe, foi o máximo realizador liceísta do curso 19/20.
Grau, tamén irmán de Àlex e Lluís, formouse nas filas do Club Hoquei Lloret. Alí acadou, de igual maneira, encabezar a súa lista de goleadores durante a tempada 17/18. Despois asinou polo Noia, escadra na que militou antes da súa aterraxe en A Coruña.