O Deportivo Liceo sobrepúxose de novo a un resultado adverso en Igualada e situouse como líder da OK Liga en solitario nun partido de alto nivel competitivo desde o asubío inicial en Cómeslles. Ante un equipo que tampouco cedera ningún punto no arranque da competición doméstica, os homes de Juan Copa abriron o marcador cunha rápida transición culminada por Facundo Bridge no segundo pau. Pero, no entanto, a reacción do conxunto catalán chegou cedo con dous goles consecutivos de Jordi Méndez e de Marc Palau en dúas accións de gol seguidas. Ao termo dos 25 minutos, ambos os equipos retiráronse ao túnel de vestiarios co 2-1 no luminoso.
A segunda metade estivo marcada pola polémica e as constantes interrupcións no xogo, froito da intensidade mostrada por ambos os equipos. Os colexiados sinalaron un total de seis cartóns azuis ao longo do encontro. Dous na primeira metade e catro no tramo final.
No minuto 37, Dava Torres abriu a súa conta persoal para devolver as táboas ao marcador mediante unha acción de bóla parada. Despois da igualada liceísta, Marc Grau e Maxi Oruste tras unha falta directa transformada, selaron unha pequena vantaxe de dous goles que sería resolta co segundo tanto de Dava a 5 minutos da conclusión. Sergi Pla no minuto 49 de partido, reduciu a diferenza de tres tantos ante un Carles Grau que acto seguido detivo un posible 4-5 para os locais tras unha magnífica intervención abaixo.
Con este sexto triunfo consecutivo en OK Liga, o Deportivo Liceo suma un total de 18 puntos de 18 posibles, avantaxando así ao seu rival no día de hoxe, o Igualada, por 3 puntos de diferenza. O próximo fin de semana, en horario matinal de domingo, os nosos regresan ao Palacio dos Deportes de Riazor para enfrontarse ao Club Patí Vic na sétima cita de liga.
Igualada Rigat HC: Elagi Deitg (P), Sergi Pla, Antoni Baliu, César Vives y Jordi Méndez -cinco inicial- Aleix Marimon, Gerard Riba, Marc Palau, Bernat Yeste y Manel del Valle (P).
Deportivo Liceo: Carles Grau (P), Franco Platero, Bruno Di Benedetto, Dava Torres y Maxi Oruste -cinco inicial- Marc Grau, Roberto Di Benedetto, Facundo Bridge, Fabrizio Ciocale y Martín Garaboa (P).
Goles: 0-1, Facundo Bridge (min. 13); 1-1, Jordi Méndez, (min. 16); 2-1, Marc Palau (min. 17); 2-2, Dava Torres (min. 37); 2-3, Marc Grau (min. 36); 2-4, Maxi Oruste (min. 42); 2-5, Dava Torres (min. 44); 3-5, Sergi Pla (min. 49).
Árbitros: Miguel Díaz Cosme y Alberto López Expósito. Azules: César Vives (2), Antoni Baliu (2), Marc Palau y Roberto Di Benedetto.
2 comentarios en “Líderes en solitario”