14 de maio de 2024
O Deportivo Liceo recibirá ó Voltregà en Riazor o domingo 19 de maio ás 20:00h.
As entradas de público xeral continuarán cun custo de tan só 5€ cada unha.
Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.
O playoff polo título da OK Liga xa está aquí. Chegou o gran momento do curso para o Deportivo Liceo de Juan Copa e para o Liceísmo, que (como sempre) poderá axudar ó equipo prácticamente de balde. A primeira cita xa está apuntada no calendario: o domingo 19 de maio ás 20:00h, data na que o Voltregà visitará o Pazo dos Deportes de Riazor.
Desde este momento, e grazas á plataforma CLUBER, pódense adquirir de forma online os pases para disfrutar deste choque. Tan só teñen un custo de 5€ para o público xeral e están dispoñibles neste enlace.
As taquillas de Riazor tamén permanecerán abertas desde as 19:00h para a venda de pases físicos, que terán o mesmo prezo.
Socios e abonados gratis
Como vén ocorrendo durante todo o curso 23/24 tanto en Europa como en OK Liga, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa.
O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita condición.
Portas abertas para os máis pequenos
Como é habitual, os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións poderán entrar ó partido de balde.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):