#LiceoRibadAve | ENTRADAS para o partido de presentación 24/25

#LiceoRibadAve | ENTRADAS para o partido de presentación 24/25

23 de setembro de 2024


O Deportivo Liceo recibirá no Pazo dos Deportes ó Riba d’Ave portugués, no que será o partido de presentación do equipo ante a afición (sábado 28, 19:00h).

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

As entradas terán un custo de 5 euros para o público xeral.

O Deportivo Liceo 24/25 presentarase ante a súa afección este sábado 28 ás 19:00h. O Pazo dos Deportes será un ano máis a casa do equipo dirixido por Juan Copa, que se enfrontará ó Riba d’Ave portugués nun encontro amistoso previo ó inicio oficial da competición.

Desde este momento, e grazas á plataforma CLUBER, pódense adquirir de xeito online os pases para disfrutar deste choque. Tan só teñen un custo de 5€ para o público xeralestán dispoñibles neste enlace.

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán presenciar este choque sen ningún tipo de custo. Tan só deberán mostrar o código QR acreditativo nas portas do Pazo dos Deportes.

O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que demostre dita condición. Só inclúe ás persoas que abonaran o suplemento de 5€ do Deportivo Liceo.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Liceo máis koruño da historia: aquí contas con toda a información.

Portas abertas para os máis pequenos

Como é habitual, os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións poderán entrar ó partido de balde.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario