22 de novembro de 2024
O Deportivo Liceo recibirá ó Oliveirense o xoves 28 de novembro ás 20:30h.
As entradas de público xeral terán un custo de 7€.
Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.
A WSE Champions League chega a Riazor na súa edición 24/25. A segunda xornada da Fase de Grupos traerá a Galicia ó Oliveirense portugués e o Pazo dos Deportes, unha vez máis, deberá pintarse de verdibranco para apoiar ó equipo de Juan Copa.
O partido xogarase o xoves 28 de novembro ás 20:30h e xa conta con entradas de público xeral á venda de forma online, grazas á plataforma Cluber (7€). Unha hora antes do comezo (19:30h) abrirán as taquillas do Pazo con entradas físicas dispoñibles.
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet, tal e como ocorre na OK Liga. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo aplicarase cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Se todavía non es socio aínda podes sumarte ó Deportivo Liceo 24/25: aquí contas con toda a información.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa: