3 de xuño de 2024
O Deportivo Liceo recibirá ó Noia en Riazor o venres 7 ás 20:30h. O partido contará con entradas á venda a tan só 5€ para público xeral.
Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.
O Deportivo Liceo ten unha final ante o Noia este venres ás 20:30h e necesitará o apoio de toda a afección. As semifinais polo título da OK Liga todavía non remataron e trasládanse agora ó Pazo dos Deportes de Riazor, que debe ser unha gran caldeira para empurrar ó equipo de Juan Copa.
Desde este momento, grazas á plataforma CLUBER, pódense adquirir online as entradas para sumarse a este partido. Tan só teñen un custo de 5€ para o público xeral e están dispoñibles neste enlace.
As taquillas de Riazor tamén permanecerán abertas desde as 19:30h para a venda de pases físicos, que terán o mesmo prezo.
Socios e abonados gratis
Como vén ocorrendo durante todo o curso 23/24 tanto en Europa como en OK Liga, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa.
O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita condición.
Portas abertas para os máis pequenos
Como é habitual, os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións poderán entrar ó partido de balde.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):