#LiceoNoia | ENTRADAS para a última xornada da Fase Regular

#LiceoNoia | ENTRADAS para a última xornada da Fase Regular

30 de abril de 2024


O Deportivo Liceo recibirá ó Noia en Riazor o domingo 5 de maio ás 12:00h.

As entradas de público xeral continuarán cun custo de tan só 5€ cada unha.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

O domingo 5 de maio é a data elixida para a última xornada da Fase Regular. O primeiro acto da OK Liga chega á súa fin e para o Deportivo Liceo implicará a visita do Noia Freixenet, no que será un duelo entre o segundo e o terceiro clasificado (12:00h).

Desde este momento, e grazas á plataforma CLUBER, pódense adquirir de forma online os pases para disfrutar deste choque. Tan só teñen un custo de 5€ para o público xeralestán dispoñibles neste enlace.

Socios e abonados gratis

Como vén ocorrendo durante todo o curso 23/24 tanto en Europa como en OK Liga, os socios verdibrancos poderán entrar de balde a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa.

O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita condición.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24: aquí contas con toda a información.

Portas abertas para os máis pequenos

Como é habitual, os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións poderán entrar ó partido de balde.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario