6 de febreiro de 2024
Riazor recibirá ó Mataró nun partido co obxectivo de sumar de tres por terceira vez consecutiva.
As entradas de público xeral, como é habitual, terán un custo de 5€ a unidade. Os socios e abonados entrarán gratis ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.
Xornada 18 de OK Liga 23/24 e a posibilidade dun terceiro triunfo consecutivo. Deportivo Liceo e Mataró enfrontaranse para decidir se chega ou non para os intereses verdibrancos (domingo 11, 12:00h). Como é habitual, tódolos Liceístas que o desexen poderán animar ó equipo de Juan Copa a prezos totalmente inmellorables: entradas a 5€ para o público xeral.
Xa están á venda a través do seguinte enlace de Cluber. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (11:00h) con pases físicos dispoñibles.
Socios e abonados gratis
Como vén ocorrendo durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita condición.
Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24: aquí contas con toda a información.
Portas abertas para os máis pequenos
Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):