19 de febreiro de 2024
O Deportivo Liceo recibirá ó Lleida coa meta de sumar a quinta vitoria consecutiva en OK Liga.
As entradas de público xeral, como é habitual, terán un custo de 5€ a unidade. Os socios e abonados entrarán gratis ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.
O Deportivo Liceo de Juan Copa buscará o seu quinto triunfo seguido co Lleida como responsable de impedilo. O Pazo dos Deportes de Riazor será, este sábado 24 ás 18:00h, o escenario onde se decidirá quen gaña.
Como é habitual, tódolos Liceístas que o desexen poderán animar ó Liceo a prezos totalmente inmellorables: entradas a 5€ para o público xeral.
Xa están á venda a través do seguinte enlace de Cluber. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (17:00h) con pases físicos dispoñibles.
Socios e abonados gratis
Como vén ocorrendo durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita condición.
Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24: aquí contas con toda a información.
Portas abertas para os máis pequenos
Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):