#LiceoForte | ENTRADAS para a xornada 4 da WSE Champions League 23/24

#LiceoForte | ENTRADAS para a xornada 4 da WSE Champions League 23/24

22 de xaneiro de 2024


O Deportivo Liceo xogará ante o Forte dei Marmi en Riazor con entradas a tan só 5€ para o público xeral (xoves 25, 20:30h).

Os socios e abonados entrarán gratis ensinando o código QR do seu carnet, tanto de forma impresa como dixital.

A cuarta xornada da WSE Champions League non suporá ningún cambio na política de entradas do Deportivo Liceo, tal e como vén ocorrendo durante toda a tempada. O choque de Fase de Grupos ante o OC Barcelos (xoves 25, 20:30h) contará de novo con pases a tan só 5€ para o público xeral que non sexa nin socio nin abonado do club.

Xa están á venda a través do seguinte enlace de Cluber. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (19:30h) coas entradas físicas.

Socios e abonados gratis

Como ocorreu e ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita situación.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable. Aquí contas con toda a información.

Portas abertas para os máis pequenos

Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario