22 de outubro de 2024
O Deportivo Liceo recibirá ó Barcelona o domingo 27 ás 12:00h.
As entradas de público xeral terán un custo de 7€.
Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.
Chega o segundo Clásico do mes de outubro, pero esta vez será de OK Liga. O Deportivo Liceo e o Barcelona enfrontaranse o domingo 27 ás 12:00h co Pazo dos Deportes de Riazor como testemuña, unha que deberá pintarse de novo de verdibranco.
Xa están dispoñibles as entradas para público xeral (7€) a través do seguinte enlace de Cluber. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (11:00h) con pases físicos.
Socios e abonados gratis
Naturalmente, os socios do Liceo poderán entrar de balde a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€. Nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Se todavía non es socio aínda podes sumarte ó Deportivo Liceo 24/25: aquí contas con toda a información.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.
Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):