O liceísmo triunfa alí onde vai, incluso fóra das nosas fronteiras. A última semana foi unha clara demostración. Son cinco os xogadores premiados cos seus distintos combinados nacionais trala celebración do Europeo de Portugal e do Campionato Panamericano.
Carles Grau, César Carballeira, Marc Grau, Roberto Di Benedetto e Bea Gaete, de novo na cidade para reincorporarse ó Deportivo Liceo, foron homenaxeados no Pazo dos Deportes de Riazor xunto a Mónica Martínez (responsable de Deportes do Concello da Coruña).
Tres campións de Europa
César e os irmáns Grau saíron triunfantes do Campionato de Europa de Paredes, no que aportaron de forma chave. Un deles, Carles, foi vital na final con numerosas intervencións de importancia: “Nunca gañara o Campionato de Europa Senior, así que festexei como nunca”. Aínda así, a súa mente volve estar no Deportivo Liceo: “No equipo tamén logramos cousas importantes pero temos que ser ambiciosos e ir a por máis”.
Na liña continuou o seu irmán Marc, que todavía ten fame de títulos: “A ilusión de calquer xogador por gañar é máxima e cantos máis mellor. Vimos de lograr tres títulos en seis meses, pero queremos seguir”.
Coa OK Liga a piques de regresar, César Carballeira (eixe importante da defensa española) tamén optou por rebaixar a euforia e centrarse no que vén: “O que toca agora é volver á normalidade, sabendo que o sábado temos un partido importante contra o Caldes (20:00h). Temos ganas de competir de novo na Liga e seguir co noso camiño”.
Rendimiento excelente de Roberto Di Benedetto
O xogador galo, un dos estandartes do equipo xunto ós seus irmáns (e exliceístas) Carlo e Bruno, tampouco deixou Portugal coas mans baleiras. O atacante foi un dos máximos realizadores con nove goles que axudaron a Francia a chegar ata a final: “Desexábamos xogala algún día e optar a medalla. Estamos traballando ben na selección e marchamos moi contentos co noso papel no torneo”, comentou Di Benedetto tras lograr o entorchado de prata.
Un logro para o hockey francés tendo en conta o gran potencial dos seus rivais: “Portugal e España teñen o papel de favorito por historia, pero a partir de agora creo que nos respetarán máis. Cada ano temos maior estima e estamos a igualar pouco a pouco a Italia. Demos un gran paso”.
Ouro e MVP do Panamericano
Bea Gaete regresa a Coruña como unha das estrelas do recente Campionato Panamericano. O combinado chileno foi o gañador da competición e a xogadora liceísta levou o galardón de MVP, aínda que Gaete prefire centrarse no próximo partido do club: “Estou moi feliz polos recoñecementos, pero concrentrada no seguinte”.
As verdibrancas, que xa sumaron catro puntos de nove despois de tres compromisos de máxima dificultade, xogarán o sábado (20:30h) contra outro coloso como o Cerdanyola. Aínda así, a chilena pensa que o equipo está en clara marxe de mellora: “Estamos a rendir moi ben e creo que podemos seguir progresando durante a tempada”.