O Club Deportivo Liceo La Paz fúndase no ano 1972. Os
artífices do nacemento foron Augusto César Lendoiro,
Javier Chaver e os directores da Escola Liceo La Paz,
Antonio Pintor e Carlos Pérez Roca, sendo Felipe Marcos
Nieto o primeiro presidente. Na tempada 1973/74, o
novo equipo coruñés, que xa lucía as cores verde e
branca en armonía coa escola que representa, logra o
ascenso de categoría.
Na década dos 70, o Hockey Club Liceo Banco Simeón
militou en Primeira División ata quedar subcampión
na tempada 78/79, o que permitiu o ascenso á máxima
categoría do hockey nacional.
Nesa primeira campaña, o Hockey Club Liceo Camisas
Texman rematou 7º.
A etapa máis gloriosa dos liceístas coincidiría coa entrada
dos 80, onde se acadarían os primeiros e algún dos máis
importantes títulos para as vitrinas verdibrancas. Nesa
década dourada, os nosos firmarían un total de 16 títulos
nacionais e internacionais, sen dúbida un éxito sen
precedentes en Galicia.
Actualmente, o Deportivo Liceo é un dos equipos máis
relevantes e respetados do panorama internacional,
sendo o seu palmarés o máis grande na historia do
deporte galego.
Dentro dun contexto global aínda asolado pola pandemia do coronavirus, a celebración da Copa do Rei de 2021 (inicialmente prevista para 2020) foi unha luz dentro dunha situación todavía complicada.
Baixo o mando de Juan Copa, o Deportivo Liceo alzouse co título no Pazo dos Deportes de Riazor ó vencer ó Barça tras un vibrante 3-2. Os goles foron obra de Jordi Adroher (2) e do canteirán César Carballeira.
Esta Copa tan especial rematou, ademáis, cunha etapa de case dúas décadas sen levantar o entorchado. Foi a número 10.
O curso 21/22 de hockey sobre patíns tivo clara cor verdibranca. A OK Liga e a Supercopa de España foron a Galicia despois duns meses memorables do Deportivo Liceo de Juan Copa.
O 17 de xuño de 2022, tras un playoff case perfecto coronado no Palau d'Esports de Reus, chegou o oitavo título de liga. Coincidiu, casualidade ou non, co ano do 50º Aniversario liceísta.
Meses antes, en setembro de 2021, a Supercopa foi unha realidade despois de vencer de novo ó Barça. O Liceo fíxoo co mesmo resultado có da Copa do Rei de 2021: 3-2, esta vez con tres goles de Jordi Adroher.
O colexio no que empezou todo recibiu ós dobres campións coa mellor das galas.