3 de outubro de 2024
Ambos camiñarán xuntos ata 2027 nunha nova demostración de compromiso por parte da marca coruñesa.
Antonio Roca, Willy Duarte, Jacobo Copa e Bruno Saavedra celebraron o acordo na Cervecería de Estrella Galicia.
Estrella Galicia e o Deportivo Liceo continuarán camiñando xuntos, como mínimo, ata o ano 2027. A popular marca coruñesa seguirá sendo o patrocinador principal do club verdibranco nunha nova mostra do seu compromiso co deporte local.
Manuel Eiroa, responsable de patrocinios deportivos Iberia de Estrella Galicia, definiu a renovación deste acordo co Liceo como “un orgullo”: “É un club co que compartimos tanto a nosa orixe como os valores intrínsecos que defenden en cada encontro que disputan, rivalizando cos máis grandes de Europa”.
Como non pode ser doutro xeito, o Liceo desexa agradecer públicamente o gran compromiso de Estrella Galicia cos clubes deportivos locais. De orixe idéntica e con A Coruña como gran símbolo, tamén son compartidos os valores de resiliencia que tanto definen a ambos.
Estrella Galicia e o Liceo oficializaron este novo acordo nas instalacións de La Cervecería.