Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
O regreso dos espectadores ós recintos deportivos afectará positivamente ó Deportivo Liceo, que poderá recibir a un total de 250 no seu vindeiro partido ante o CH Lloret (sábado 6 de marzo, 19:30h, HOCKEY GLOBAL). É o número máximo correspondente a un espazo pechado como o Pazo dos Deportes de Riazor.
Os socios poderán solicitar a asistencia ó encontro mediante un correo electrónico a administracion@hockeyclubliceo.com, tendo prioridade os que todavía non foran a ningún partido. O prazo comeza desde este mesmo momento e ata as 14:00h do xoves día 4. No correo deberanse incluir NOME, APELIDOS e DNI de tódolos solicitantes. Tamén un NÚMERO DE TELÉFONO, que servirá para contactar cos agraciados.
O Deportivo Liceo lémbralle ós asistentes a obrigatoriedade das medidas de prevención necesarias: distancia de seguridade, uso de mascarilla, uso do xel desinfectante de mans e, en resumo, seguir as indicacións do persoal do Pazo.