O parón da OK Liga chega á súa fin e o Deportivo Liceo, o seu vixente campión, regresará ó grande á pista de Riazor. O vindeiro mércores 23 de novembro (20:00h) recibirá a todo un Barça e os muchachos de Juan Copa necesitarán o apoio de tódolos Liceístas.
Ante a importancia do choque, o Liceo decidiu marcar a data como Día do Club. A continuación presentaremos os tres escenarios aplicables para todo aquel que queira asistir ó encontro.
Entradas para socios e abonados
Para empezar, haberá pases a cinco euros para os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do convenio co Real Club Deportivo. Poderán adquirirse de xeito online a través da plataforma Cluber:
Unha vez no Pazo, o poseedor da entrada só deberá ensinar o código QR da mesma. Valerá tanto de xeito dixital como impresa.
Entradas para público xeral
Pola súa parte, o público xeral contará con pases a un prezo de dez euros. O proceso de venda, a realizar no seguinte enlace, é o mesmo:
Como no caso anterior, deberase ensinar o código QR nas portas de Riazor.
Pase gratuito para os máis pequenos
Para rematar, os nenos e nenas que cumpran calquera das seguintes condicións poderán asistir ó choque de forma gratuita, tal e como ocorre co resto de partidos de OK Liga e obedecendo á nova política do club:
- Ter 12 anos ou menos. En casos non tan evidentes, deberá acreditarse a idade mediante DNI.
- Estudar no Colexio Liceo La Paz, sexa cal sexa a idade. Tan só deberán acudir ó Pazo coa roupa do centro.
- Contar cunha ficha federativa de hockey sobre patíns que se deberá ensinar nas portas de entrada ó Pazo dos Deportes.
Contamos con vós para este gran partido de regreso!