Imaxe: MÓNICA ARCAY.
A OK Liga regresa a Riazor e non hai excusa algunha para non acudir á defensa do título. Deportivo Liceo e Girona disputarán no Pazo dos Deportes (sábado 17, 18:00h) a segunda xornada do curso 22/23, accesible para todo aquel que busque unha gran tarde de hockey sobre patíns e de liceísmo.
O público xeral terá a posibilidade de formar parte da familia verdibranca por un inmellorable prezo de 5 euros. Poderá adquirir a súa entrada dixital a través deste link de CLUBER. Unha vez chegado ó Pazo, o seu poseedor simplemente deberá ensinar o código QR da mesma ós encargados das portas.
Como non pode ser doutro xeito, os socios do Deportivo Liceo e os abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo entrarán gratuitamente ensinando os seus carnets.
Agardámosvos en Riazor!