A segunda volta da fase regular da OK Liga xa está aí e, como sempre, tódolos liceístas que queiran vivila de primeira man poderán facelo. Non é unha excepción a visita do Voltregà ó Pazo dos Deportes de Riazor (sábado 14, 17:00h).
O público xeral terá de novo a posibilidade de asistir por nada menos que 5 euros. Poderá adquirir a súa entrada dixital a través deste enlace de CLUBER. Unha vez no Pazo, o seu poseedor deberá ensinar o código QR da mesma para poder acceder.
Por outra parte, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnets, sexa de forma dixital ou impresa.
Tamén entrarán de xeito gratuito os Liceístas máis pequenos grazas á nova política do club, que podes consultar en detalle aquí.
Acude a Riazor e axúdanos na nosa loita por tódolos títulos posibles!