Entradas para o Deportivo Liceo-Sant Cugat (OK Liga 22/23, xornada 4)

Entradas para o Deportivo Liceo-Sant Cugat (OK Liga 22/23, xornada 4)

Imaxe: MÓNICA ARCAY.

Riazor acollerá o segundo partido do Deportivo Liceo nesta semana e deberá estar cheo de Liceístas. A visita do PHC Sant Cugat (venres 23, 21:30h) será a cuarta xornada da presente OK Liga e a oportunidade de sumar doce puntos sobre doce posibles.

O público xeral terá a posibilidade de asistir por un inmellorable prezo de 5 euros. Poderá adquirir a súa entrada dixital a través deste enlace de CLUBER. Chegado ó Pazo, o seu poseedor deberá ensinar o código QR da mesma ós encargados das portas.

Os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán de xeito gratuito ensinando os seus carnets.

Tamén entrarán de xeito gratuito os Liceístas máis pequenos grazas á nova política do club, que podes consultar aquí mesmo.

Riazor agarda!

Deixa un comentario