Choque en Riazor entre Liceo e Benfica correspondente á pasada Golden Cup. Imaxe: MÓNICA ARCAY.
Escasas veces existe a posibilidade de gozar por tan pouco do mellor hockey sobre patíns do mundo. O Deportivo Liceo ofrece esta oportunidade nos seus dous vindeiros partidos dentro do Pazo dos Deportes de Riazor.
Visitarán o feudo de Juan Copa e os seus xogadores dous grandes equipos como o Benfica (xoves 9, 21:00h) e o Noia (sábado 11, 18:00h) en choques correspondentes, respectivamente, á WSE Champions League (xornada 2 de Fase de Grupos) e á OK Liga (xornada 18).
O público xeral poderá asistir por só 7 euros a dous dos mellores partidos que se poden ver se adquire a súa entrada dixital a través de CLUBER. Unha vez no Pazo, o seu poseedor deberá ensinar o código QR da mesma para poder acceder.
Socios e abonados
Como é habitual, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnets, sexa de xeito dixital ou impreso.
Tamén entrarán de forma gratuita os Liceístas máis pequenos grazas á nova política do club, que podes consultar en detalle aquí.
Acude a Riazor e axúdanos na nosa loita!