Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
Unha vez cubertas as 250 entradas para a visita do Lloret (sábado 6 de marzo, 19:30h, HOCKEY GLOBAL), o Deportivo Liceo pon a disposición dos seus socios outras 250 para o vindeiro partido ante o CE Noia (26 de marzo). Todos aqueles que pediran o seu pase para o primeiro, e sempre en caso de non recibir confirmación de asistencia, quedarán apuntados para este segundo.
Poderase solicitar a asistencia ó encontro mediante un correo electrónico a administracion@hockeyclubliceo.com, tendo prioridade os que todavía non foran a ningún partido. No correo deberanse incluir NOME, APELIDOS e DNI de tódolos solicitantes. Tamén un NÚMERO DE TELÉFONO, que servirá para contactar cos elixidos.
O Deportivo Liceo lémbralle ós asistentes a obrigatoriedade das medidas de prevención necesarias: distancia de seguridade, uso de mascarilla, uso de xel desinfectante de mans e, en resumo, seguir as indicacións do persoal do Pazo.