Dispoñibles os pases para a Supercopa de España 2024

Dispoñibles os pases para a Supercopa de España 2024

6 de setembro de 2024


O evento celebrarase no Pazo dos Deportes de Riazor o 5 e o 6 de outubro.

Existe un abono xeral e entradas para cada un dos dous días, con promoción para os socios do Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo.

O curso 24/25 de hockey sobre patíns comezará ó grande e na nosa ciudade. A Coruña albergará o 5 e o 6 de outubro a Supercopa de España, evento que xa conta con pases á venda mediante a plataforma online CLUBER.

Existen tres tipos de acceso á competición que disputarán Deportivo Liceo, Reus Deportiu, Noia e Barcelona:

  • ABONO PARA A FINAL | Permitirá o acceso á gran final da Supercopa, que se celebrará o 6 de outubro ás 12:00h. Pódese conseguir neste enlace de CLUBER.

Os códigos QR resultantes do pago deberanse cambiar por unha pulseira, que será a que permita a entrada ó Pazo. O procedemento explicarase a continuación.

Como conseguir a pulseira?

Ditos códigos QR deberanse presentar nas oficinas do club situadas no Colexio Liceo La Paz para o seu posterior intercambio polas pulseiras. Entregarase unha por código.

Este procedemento poderase realizar a partir do día 18 de setembro e ata o 3 de outubro en horario de 17:00h a 20:00h.

Promoción para os socios do Liceo e os abonados do Real Club Deportivo

Todos aqueles socios do Deportivo Liceo, así como os abonados do Real Club Deportivo que aportaran o suplemento de 5€, poderán contar cunha pulseira adicional da mesma condición que a abonada.

Entregarase nas oficinas do club no momento do intercambio.

Deixa un comentario