Dispoñibles en Macron as camisetas koruñas da Supercopa de España

Dispoñibles en Macron as camisetas koruñas da Supercopa de España

1 de outubro de 2024


A prenda poderá conseguirse de forma online ou na tenda física de Macron do Polígono da Grela.

 

 

O 5 e o 6 de outubro celébrase na Coruña a Supercopa de España de hockey sobre patíns, evento que Macron e o Deportivo Liceo aproveitan para lanzar unha camiseta conmemorativa.

Tódolos Liceístas que o desexen poderán pintar de verde o Pazo dos Deportes coa prenda koruña que presenta tanto o logo oficial da Supercopa como o deseño persoal realizado polo artista local Antón Lezcano.

A camiseta xa está á venda a un prezo de 15€ tanto na tenda online de Macron como no local físico situado no Polígono da Grela (A Coruña). Consegue a túa e anima ó Liceo na súa loita por que o título quede na casa!

Deixa un comentario