Imaxe: Manu Boutureira.
O último partido de 2021 do filial masculino xa ten data, hora e rival. O Deportivo Liceo, dirixido por Sergio Huelves, pechará o ano cun compromiso de enxundia: todo un derbi coruñés ante o Dominicos. Actuará como visitante no Polideportivo de Monte Alto o vindeiro sábado 18 (20:00h).
Enfrontaranse dous dos equipos máis fortes da actual OK Prata, tan só separados por doce puntos. O Liceo ocupa a cuarta posición con catorce unidades, únicamente dúas menos có líder Tordera. O conxunto branco, pola súa parte, é sexto con doce e permanece invicto como local.
Unha vez disputada esta proba, o Deportivo Liceo vivirá un receso de Nadal que rematará o 15 de xaneiro. Será o día no que reciba a visita do Sant Feliu.