Derbi ante o Compañía na OK Prata

Derbi ante o Compañía na OK Prata

Imaxe: Manu Boutureira.

Aínda que a actividade do resto de categorías continúa varada polas novas restricións anti-COVID da Xunta, tanto o primeiro equipo como o OK Prata masculino do Deportivo Liceo (participantes en competicións estatais) seguen os seus camiños. O filial liceísta afrontará a súa 13º xornada na segunda categoría do hockey nacional co seu segundo derbi consecutivo. Tras empatar in extremis ante o Dominicos en Monte Alto, o equipo dirixido por Stanis García enfrontarase ó Compañía de María o sábado 30 ás 18:00h (mesmo horario que o compromiso do de OK Liga contra o CP Taradell).

O filial ocupa actualmente a sexta posición do Grupo Norte da OK Prata con 18 puntos en 11 partidos e un choque menos que catro dos rivais que lle superan. Pola súa parte, o Compañía de María afronta unha situación máis complicada: é penúltimo con 7 puntos en 11 compromisos. O precedente da primeira volta favorece ó Deportivo Liceo, que venceu por 1-9.

Deixa un comentario