A terceira data da OK Liga Feminina suporá, de novo, un enfrontamento de quilates. O Pazo dos Deportes de Riazor recibirá ó Telecable, un dos rivais más perigosos da competición, pero o potencial do Deportivo Liceo e o apoio das gradas serán vitais neste duelo de poder a poder.
Por iso, o sábado ás 18:00h necesitaremos a maior cantidade de gorxas posible! Coma sempre, podes animar ó equipo sexas socio do Liceo, abonado do Real Club Deportivo ou público xeral sen ningún dos dous carnets. A continuación explicamos como.
Abonados do Real Club Deportivo
Haberá 500 pases gratuitos dispoñibles. Non existirá máis custo que o tempo adicado á xestión, a realizar mediante o seguinte link de Cluber:
As persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos nos aledaños do Pazo: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo. Serán indispensables para acceder.
Socios do Deportivo Liceo
O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán mostrar o código QR do seu carnet dixital no momento da entrada. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos. Polo tanto, non será necesaria maior xestión.
Público xeral
Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un inmellorable prezo de 5€ cada unha. Adquiriranse de forma online mediante outro link de Cluber:
Liceístas, non hai excusas: agardámosvos o sábado en Riazor!