A gran fase definitiva da OK Liga comezará este sábado e farao nun Pazo dos Deportes que deberá encherse de Liceístas. O encontro entre Deportivo Liceo e Igualada, correspondente ó primeiro dos cuartos de final, abrirá este playoff polo título ás 18:00h.
O apoio da xente será de novo vital, polo que o club lanza prezos populares en consoancia co feito durante todo o curso.
O público xeral poderá adquirir pases por só 5 euros mediante dúas vías: online por este enlace de CLUBER ou física nas taquillas do Pazo dos Deportes de Riazor, que abrirán unha hora antes do encontro.
Unha vez no recinto, os donos das entradas deberán ensinar o código QR das mesmas para poder acceder.
O público xeral poderá adquirir as súas entradas (5€) de xeito online ou nas taquillas de Riazor antes do partido. Os socios e abonados entrarán gratis ensinando as súas credenciais.
Por outra parte, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnés. Poden mostralos en formato físico ou dixital.
Tamén entrarán de forma gratuita os Liceístas máis pequenos grazas á nova política do club, que podes consultar en detalle aquí.
Axúdanos nesta recta final de tempada e loitemos xuntos por revalidar o título de OK Liga!