“De aquí, coma ti” | Antón Lezcano deseña a nova campaña de captación de socios do Liceo

“De aquí, coma ti” | Antón Lezcano deseña a nova campaña de captación de socios do Liceo

12 de agosto de 2024


O Liceo máis koruño da historia é de aquí, coma ti. Nunca antes o equipo contou cun número maior de xente da casa, tanto na pista coma no corpo técnico. O creativo coruñés Antón Lezcano utiliza esta idea na nosa nova acción de captación de socios.

A campaña, en marcha desde fai xa varias semanas, continúa avanzando a gran ritmo para darlle poso á que será unha nova e ilusionante tempada. Nela non haberá outro obxectivo que o de loitar, de novo, por tódolos títulos posibles e así aumentar o palmarés do club deportivo máis laureado de toda Galicia.

Como facerse socio?

Como se anunciou no seu momento, os carnets teñen ata tres modalidades diferentes. Son as seguintes, cada unha coas súas especificacións:

  • SOCIO INDIVIDUAL: Conta cun prezo de 50€.
  • SOCIO FAMILIAR: Ten un valor de 80€ e permite incluir ata un máximo de catro carnets. Deberán formar parte do mesmo núcleo familiar.
  • SOCIO PROTECTOR: O prezo ascende a 300€ que inclúen ata seis carnets e unha camiseta asinada por todo o plantel do Liceo.

Para darse de alta e renovar existe a opción online vía CLUBER a través do seguinte enlace:

https://lc.cx/3Z77Sw

O abono tamén pode formalizarse nas oficinas do club, situadas no Colexio Liceo La Paz.

Deixa un comentario