Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
O Deportivo Liceo e David ‘Dava’ Torres chegaron a un acordo para ampliar a vinculación do capitán, que xa asinara recentemente ata 2022. Esta nova rúbrica engade un ano máis: 2023. O club asegúrase a continuidade dun pilar imprescindible, chave dentro e fóra da pista.
Dava, institución do Liceo, regresou a el en 2015 tras militar nas súas categorías inferiores. Entre medias, protagonizou sendos pasos polo Cerceda de Juan Copa e polo Vic (onde gañou unha Copa do Rei). Xa de novo na disciplina coruñesa, Torres logrou dúas Supercopas, varios subcampionatos de OK Liga e a gran Copa do Rei 2021 da Coruña.
A súa renovación únese á incorporación de Àlex Rodríguez, ex do Reus Deportiu, para en conxunto apuntalar un grupo que pelexe por todo. Actualmente, o primeiro plantel masculino conta cos seguintes xogadores: Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Maxi Oruste, Marc Grau, Roberto Di Benedetto, Jordi Adroher e os mencionados Dava e Àlex.