CRÓNICA OK LIGA (X12) | Catálogo de golazos para pechar 2022 (0-3)

CRÓNICA OK LIGA (X12) | Catálogo de golazos para pechar 2022 (0-3)

Imaxe: FEDE GONZÁLEZ.

O 2022 competitivo non puido rematar mellor para o Deportivo Liceo de Juan Copa. O seu contundente triunfo na Poliesportiva de Vilafranca, o terceiro consecutivo, permítelle manter a segunda posición da OK Liga e sumar un total de 27 puntos. Un bo número para comezar o parón de Nadal.

Atacar foi o que fixo o Deportivo Liceo desde o principio, sabedor da súa teórica superioridade comparado co pechacancelas da categoría. Había que levala á práctica. Ofreceu moita resistencia o Vilafranca, capaz de aguantar varios achegamentos verdibrancos co único custo da acumulación de faltas (ata 4 nos primeiros cinco minutos).

O Vilafranca foi sólido ata a chegada do primeiro gol liceísta, obra de Arnau Canal.

O muro caeu ós once de xogo cando Arnau Canal, tras unha conducción individual, superou a Pol Ferrer cun gran disparo. Procurou reaccionar o cadro local mediante unha bóla ó ferro de Gabri Villares, aínda que foi testimonial.

O Deportivo Liceo, con Sito Ricart patinando de novo, non cesou as súas mesmas intencións do principio de partido. Despois dunha boa oportunidade de Pol Manrubia, César Carballeira anotou o 0-2 no minuto 23. Logrouno cunha definición lonxana e potente, marca da casa. Inmediatamente despois replicou Àlex Rodríguez co 0-3. O seu disparo, aínda que da mesma gran factura, contou tanto con potencia como con efecto.

Sito Ricart regresou ás pistas. Imaxe: FEDE GONZÁLEZ.

Mantenimiento eficaz de la ventaja

Pouca máis historia ofreceu o segundo acto. O Deportivo Liceo continuou buscando a súa cuarta diana, xa con menos apuro, mentres o conxunto de Toni Aranda sacaba forzas da nada. Contou no minuto 36 cunha boa oportunidade para meterse de novo no choque: un cartón azul a Fabri Ciocale, unha posterior falta directa e un erro de Pablo del Río. O Vilafranca tampouco aproveitou a súa superioridade numérica posterior. Así rematou.

O parón competitivo de Nadal que comeza desde este momento tocará a súa fin o vindeiro 8 de xaneiro, día no que o Liceo recibirá ó Lleida en Riazor.

FICHA TÉCNICA

VILAFRANCA: Pol Ferrer; Arnau Ribas, Pablo del Río, Marc Palau, Gabriel Villares (quinteto inicial), Pablo Gómez, Joan Vázquez, Emanuel Necchi, Arnau Güell e Pau Romagosa (meta suplente).

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; César Carballeira, Pol Manrubia, Dava Torres, Àlex Rodríguez (quinteto inicial), Sito Ricart, Bruno Di Benedetto, Fabri Ciocale, Arnau Canal e Mati Bridge (meta suplente).

ÁRBITROS: Buixeda Gallart e Pico Ramos. Mostraron cartón azul a Fabri Ciocale por parte do Deportivo Liceo.

GOLES: 0-1 (Arnau Canal, min. 11). 0-2 (César Carballeira, min. 23). 0-3 (Àlex Rodríguez, min. 24).

OK Liga 22/23, Xornada 12. Poliesportiva de Vilafranca.

Deixa un comentario