Tablas para o Deportivo Liceo (4-4) tras o seu segundo amigable da pretempada, disputado ante a AD Valongo no Pavilhão Municipal local. Os de Juan Copa afrontaban o partido tras vencer por 6-8 en Barcelos, rival da próxima Liga Europea.
Saíu poderoso o equipo local, que celebraba a súa presentación oficial no máis raro dos escenarios. Nun Pavilhão sen apenas almas debido á complicada situación sanitaria global, o equipo local golpeou primeiro cun tanto de penalti de Nuno Araújo. Reaccionou cinco minutos despois o Deportivo Liceo, cun gran gol de longa distancia de Roby di Benedetto que sorprendeu ao meta local.
Un inicio trepidante deu paso a un xogo más táctico, con acercamentos de poco perigo para ambos gardametas. Puido romper esta dinámica o local Guilherme Silva, que tivo a oportunidade de transformar outro penalti para a AD Valongo, pero Carles Grau fixo o necesario para evitalo. Non puido deter Grau unha nova pena máxima que esta vez si aturou a anotar o propio Guilherme, pero Franco Platero instaurou o 2-2 tan só un minuto despois.
Intercambio de golpes e penaltis
Similar foi o inicio da segunda parte ó da primeira, co Valongo adiantándose de novo no marcador. Foi Diogo Fernandes a través dunha gran acción, complicada para o meta do Deportivo Liceo. Roby di Benedetto encargouse de nivelar o encontro para os verdes no minuto 37, e incluso puido remontar na man de Jordi Adroher nun penalti marrado. Tampouco estivo afortunado o local Guilherme, que non aturou a anotar por segunda vez.
Si aturou Rúben Pereira, que colocou o 4-3 tras superar con habilidade ó meta liceísta no un contra un. O equipo local tivo na man ampliar a súa vantaxe noutra pena máxima máis, pero a acción de habilidade de Diogo Barata foi ben detida. Roby di Benedetto, co seu tercer gol, logrou establecer o 4-4 que á postre sería definitivo, e que se encargou de defender Martín Rodríguez grazas a unha excelsa dobre parada.
O Deportivo Liceo todavía deberá afrontar o compromiso máis esixente deste stage. Será mañá domingo, día 30, ante o forte FC Porto. O partido terá lugar ás 13:30h (hora española), co Liceo abandoando Portugal unha vez finalice.
FICHA TÉCNICA
ASSOCIAÇAO DESPORTIVA DE VALONGO: Ricardo Silva, Nuno Araújo, Diogo Fernandes, Carlos Ramos, Nuno Santos. Tamén xogaron Guilherme Silva, Rúben Pereira, Diogo Abreu, Diogo Barata, Rafael Bessa e Bernardo.
DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, Maxi Oruste, Roby di Benedetto, César Carballeira, Jordi Adroher (cinco inicial). Tamén xogaron Marc Grau, Franco Platero, Dava Torres e Martín Rodríguez.
GOLES: 1-0 (Nuno Araújo p., min. 4). 1-1 (Di Benedetto, min. 10). 2-1 (Guilherme p., min. 21). 2-2 (Platero p., min. 22). 3-2 (Fernandes, min. 31). 3-3 (Di Benedetto, min. 37). 4-3 (Pereira p., min. 43). 4-4 (Di Benedetto, min. 47).
INCIDENCIAS: Partido amigable disputado no Pavilhão Municipal de Valongo.