21 de novembro de 2024
O Deportivo Liceo cae ante o Trissino na data inaugural da Fase de Grupos.
Non foi o mellor comezo do Liceo no curso europeo. A xornada inicial desta WSE Champions League, inmersa na súa Fase de Grupos, deixou unha derrota verdibranca no PalaDante do Trissino. Chegou o primeiro tropezo, pero aínda quedan nove xornadas por diante para buscar a clasificación ós Cuartos de Final.
Nun partido de rachas, o equipo transalpino apropiouse da primeira. Reinaldo sorprendeu a Martín Rodríguez (de novo titular) no cuarto minuto de xogo para colocar o 1-0 parcial, momentos antes de que os de Juan Copa responderan de xeito óptimo.
César Carballeira culminou pouco despois un dous contra un cunha definición maxistral na que nada puido facer o meta Zampoli. Case igual de inverosímil foi a que se sacou Fabri Ciocale para a remontada parcial (1-2, minuto 10).
Remontada definitiva para os italianos
A ledicia durou pouco para os hoxe visitantes, que cometeron un penalti poucas xogadas despois da diana do número 9. Giulio Cocco transformou esa pena máxima cun disparo raso.
O Trissino deulle a volta ó partido e logrou o triunfo
A dinámica foise ó lado azul, que aproveitou o ambente do PalaDante para asestar un duro golpe ós intereses coruñeses. Iso significaron os tantos de Alvarinho e Malagoli, que oficializaron o 4-2 parcial unha vez chegado o descanso.
Rematou o Trissino
A fortuna tamén pareceu abandonar ó Liceo cando os árbitros anularon un gol lonxano de César, ó interpretar que a bóla rebotara no patín do Tato Ferruccio. Ese hipotético 4-3 tivera chegado nada máis regresar á pista, un momento chave con moito por loitar.
Un penalti polémico significou o empate local a dous goles
A anulación dese tanto non desanimou ó Deportivo Liceo, insistente á hora de buscar a Zampoli. Con todo, o acerto do Trissino prevaleceu cando Gavioli anotou o 5-2 no minuto 36, complicando seriamente o escenario. A pesar do esforzo visitante, o marcador non se moveu máis.
Agora o Liceo viaxará a Noia para retomar a OK Liga (domingo, 12:30h), pero o xoves 28 a Champions regresará a Riazor. A segunda xornada das dez da Fase de Grupos traerá a Galicia ó Oliveirense (20:30h).
FICHA TÉCNICA
TRISSINO: Stefano Zampoli; Andrea Malagoli, Giulio Cocco, Reinaldo García, Jordi Méndez (quinteto inicial), Geoele Piccoli, João Pinto, Davide Gavioli, Alvarinho e Bruno Sgaria (meta suplente).
DEPORTIVO LICEO: Martín Rodríguez; Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres, Tato Ferruccio (quinteto inicial), Nil Cervera, Jacobo Copa, Fabri Ciocale, Bruno Saavedra e Martí Serra (meta suplente).
ÁRBITROS: Pedro Figueiredo y Silvia Coelho (Portugal). Sen tarxetas.
GOLES: 1-0 (Reinaldo García, min. 4). 1-1 (César Carballeira, min. 7). 1-2 (Fabri Ciocale, min. 10). 2-2 (Giulio Cocco de penalti, min. 11). 3-2 (Alvarinho, min. 15). 4-2 (Andrea Malagoli, min. 21). 5-2 (Davide Gavioli, min. 34).
INCIDENCIAS: Xornada 1 da WSE Champions League 24/25, Fase de Grupos. PalaDante de Trissino.