Imaxe: SHUM Frit Ravich.
O filial do Deportivo Liceo esqueceu o seu partido adiado da xornada 4 e dedicouse a gañar o da 5. Endosoulle un 1-3 ao SHUM Frit Ravich tras comezar por debaixo no marcador, vitoria que lle permite situarse no máis alto do Grupo Norte da OK Prata.
Os primeiros compases do regreso competitivo non deixaron ocasións especialmente claras, pero o meta local Ramírez tivo que actuar máis veces que Mati Bridge. A pesar dos acercamentos do filial liceísta, foi o SHUM o que logrou inaugurar o marcador da man de Sergi Pujol. Efectividade notable dos chicos de Jordi Rodríguez.
Aínda así, este golpe non detivo os esforzos dos de Stanis García. O equipo coruñés chegou máis e con máis perigo que o seu rival, pero a efectividade non lle acompañaba. Puido poñerse, incluso, 2-0 abaixo se Bridge non ataxa unha dobre oportunidade dos locais.
Mesmo plan, diferente fortuna
O Liceo volveu á pista de Maçanet con máis acerto. Demostrouno. O que non entrou nos primeiros 25 minutos fíxoo nos segundos. Primeiro logrou empatar o gol de Pujol gracias a unha boa acción de Aldo Mejía, deixando o partido máis que aberto, e a once do final Fran Torres estableceu o 1-2. Remontada completada.
Este cambio de tornas espoleou ao SHUM, que comezou a chegar máis á portería visitante, pero cada posesión do Liceo significaba perigo. Canto máis corría o tempo, máis desesperación e risco víanse nas ofensivas do conxunto catalán. Presenciouse, incluso, como os seus catro xogadores de campo atacaban a poucos metros da portería de Mati Bridge. Nin lograron empatar nin evitar o terceiro gol do Liceo (obra de Dani López).
O filial, novo líder do Grupo Norte con 10 puntos, recibirá ao Jolaseta o 21 de novembro ás 18:00h. Sempre que a COVID-19 o permita, claro.
FICHA TÉCNICA
SHUM FRIT RAVICH: Tomás Ramírez, Rubén Fernández, Sergi Pujol, Roger Presas, Nil Tarrés (cinco inicial), Raúl Pelícano, Isaac Fernández, David Roch e Jordi Galán.
DEPORTIVO LICEO B: Mati Bridge, Dani López, Carlos Alonso, Aldo Mejía, Nanu Castro (cinco inicial), Fran Torres, Álex Novoa e Rubén Martín.
GOLES: 1-0 (Sergi Pujol, min. 16). 1-1 (Aldo Mejía, min. 27). 1-2 (Fran Torres, min. 38). 1-3 (Dani López, min. 49).
ÁRBITROS: González González e Martín Clota.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á quinta xornada da OK Plata 20/21 (Grupo Norte). Pavelló Municipal Maçanet de la Selva, sen espectadores.