21 de outubro de 2023
Derrota do Deportivo Liceo ante un acertado local que se consolida como a gran sorpresa da tempada.
Non foi o mellor día para a expedición do Deportivo Liceo, derrotada en La Bonaigua de Sant Just pola revelación da actual OK Liga. O conxunto local (agora líder) aproveitou as súas ocasións e superou ó equipo verdibranco, que, aínda que loitador, non puido levar puntos á Coruña.
O Liceo queda así coas seis unidades que xa colleitara ata o momento, todas elas sumadas en Riazor. A semana que vén contará cunha nova oportunidade para sacar un resultado produtivo fóra del: visitará a pista do Mataró (sábado 28, 20:30h).
Todo en contra desde o principio
Este partido xa non empezou da mellor forma, con Joan Pujalte anotando o 1-0 favorable ós cataláns. Si apareceu o innegociable espíritu de loita do cadro de Juan Copa, tenga ou non produtividade. Fabri Ciocale empatou ese tanto e continuou a súa racha, aínda que Cristian Rodríguez (máximo anotador da OK Liga) devolveu a vantaxe a La Bonaigua.
O descanso deixou un 4-2 favorable ó Sant Just
Tomás Pereira, cun gran gol desde a banda dereita e coa bóla na escadra esquerda de Deitg, volveu a igualar e deixou paso a un guion todavía máis equilibrado. Tiña que caer hacia algún lado e fíxoo ó azul. Iñaki Cabezas e Edu propinaron dous duros golpes ó Liceo, que se foi ó descanso cun 4-2 en contra.
Loita sen resultado
Os homes de Juan Copa, aínda sen Bruno Saavedra por lesión, volveron á pista coa mellor das intencións e atoparon un Sant Just motivado e sólido. Co equipo tomando máis riscos, Cristian ampliou a vantaxe a 5-2. Como ocorreu ó principio con Fabri, César rematou unha gran xogada coral para anular o golpe (5-3, minuto 35).
Desafortunadamente, Joan Pujalte erixiuse como o heroe da súa propia casa e sentenciu o encontro con dúas dianas definitivas, completando o seu hat trick particular. Final e 7-3.
FICHA TÉCNICA
SANT JUST: Elagi Deitg; Cristian Rodríguez, Joan Pujalte, Edu Fernández, Gerard Miquel (quinteto inicial), Xavi Crespo, Borja López, Arnau Saladrigues, Iñaki Cabezas e Dídac Sánchez (meta suplente).
DEPORTIVO LICEO: Tiago Rodrigues; Sito Ricart, César Carballeira, Fabri Ciocale, Pablo Cancela (quinteto inicial), Tomás Pereira, Dava Torres, Fran Torres e Martí Serra (meta suplente).
ÁRBITROS: Albert Barba e Oriol Pérez. Mostraron tarxeta azul ó liceísta Fabri Ciocale.
GOLES: 1-0 (Joan Pujalte, min. 3). 1-1 (Fabri Ciocale, min. 4). 2-1 (Cristian Rodríguez, min. 6). 2-2 (Tomás Pereira, min. 11). 3-2 (Iñaki Cabezas, min. 20). 4-2 (Edu Fernández, min. 23). 5-2 (Cristian Rodríguez, min. 34). 5-3 (César Carballeira, min. 35). 6-3 (Joan Pujalte, min. 40). 7-3 (Joan Pujalte, min. 47).
OK Liga 23/24. Xornada 4 da Fase Regular. Complex Esportiu Municipal La Bonaigua (Sant Just).