CRÓNICA | Caer con honor (7-5)

CRÓNICA | Caer con honor (7-5)

Imaxe: Kilian Càtedra.

Hai formas e formas de perder. O Deportivo Liceo caeu derrotado ante o Reus na Ilerna Online Supercopa de España, pero o fixo co maior dos honores. O 7-5 final foi o fiel reflexo ó ida e volta constante que foi o choque, con Raúl Marín e Jordi Adroher en plan estelar.

A dura batalla non comezou da mellor das maneiras. Joan Salvat, capitán do Reus, inaugurou o marcador ós dous minutos de xogo tras unha excelente xogada individual. O preludio dun hockey intenso e de nivel, digno da cita. Platero, César e Di Benedetto tiveron nos seus sticks o 1-1, pero un bo Ballart detivo as ocasións.

De todas maneiras, o guion empeorou tras o intento de empate. Felipe Castro doblou a vantaxe do Reus (minuto 16) e Maxi Oruste viu o cartón azul, para posteriormente acabar eliminado. Carles Grau detivo a falta directa, pero o Liceo viuse obrigado a afrontar a inferioridade. Superouna sen baixas e incluso gozou dun penalti para recortar distancias, pero o meta do Reus anulou o lanzamento de Adroher. Tampouco acompañou a fortuna: tres dos remates coruñeses remataron no ferro.

Unha segunda parte de tolemia

O inicio da segunda metade foi similar ó da primeira. De novo, ós dous minutos, o Reus mandou a bóla ó fondo da portería de Carles Grau. Foi Raúl Marín cunha falta directa de mérito. Sen embargo, a diferencia residiu en que o Deportivo Liceo reaccionou instantáneamente. Foi Jordi Adroher, en xogada, o que colocou o 3-1 un minuto despois. Tardou outro en subir o marcador a 3-2, esta vez cunha das súas faltas directas. A excelente resposta do Liceo tivo a súa guinda co 3-3, obra de Marc Grau grazas a un gran remate. Todo eran boas novas, pero o local Álex Rodríguez colou o 4-3 nada máis reanudarse o xogo e Raúl Marín estableceu o 5-3 (minuto 34). Intercambio de golpes.

Juan Copa e os seus xogadores, lonxe de rendirse, deron guerra. Fíxoo Dava Torres, que recortou distancias a 12 do final cunha acción intelixente. O responsable do 5-5 foi Adroher, que sumou outro partido para o recordo. Quedaban 6 minutos dunha segunda metade totalmente loca, nos que Carles Grau detivo un penalti ó activo Raúl Marín. Aínda así, o fantástico xogador do Reus puido firmar a vitoria do seu equipo por un 7-5 definitivo. Catro dos goles foron seus.

O Liceo non disputará a final da Ilerna Online Supercopa de España, pero a OK Liga continúa. Juan Copa e os seus xogadores regresarán á competición doméstica a fin de semana do 9 de xaneiro, precisamente ante o Reus.

FICHA TÉCNICA

REUS DEPORTIU: Ballart, Joan Salvat, Romà Bancells, Marc Julià, Raúl Marín (cinco inicial), Àlex Rodríguez, Pablo Nájera, Felipe Castro e Gerard Montes.

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, Franco Platero, César Carballeira, Dava Torres, Jordi Adroher (cinco inicial), Roberto Di Benedetto, Marc Grau, Maxi Oruste e Fabri Ciocale.

GOLES: 1-0 (Joan Salvat, min. 2). 2-0 (Felipe Castro, min. 16). 3-0 (Raúl Marín, min. 27). 3-1 (Jordi Adroher, min. 28). 3-2 (Jordi Adroher, min. 29). 3-3 (Marc Grau, min. 32). 4-3 (Álex Rodríguez, min. 33). 5-3 (Raúl Marín, min. 34). 5-4 (Dava Torres, min. 38). 5-5 (Jordi Adroher, min. 44). 6-5 (Raúl Marín, min. 48). 7-5 (Raúl Marín, min. 50).

ÁRBITROS: Sergi Mayor e David Cantos. Mostraron cartón azul a Marc Julià e Candid Ballart por parte do Reus Deportiu. No Deportivo Liceo, a Maxi Oruste por dúas veces, Fabri Ciocale, Franco Platero e Dava Torres.

INCIDENCIAS: Semifinal da Ilerna Online Supercopa de España 2021. Pavelló Municipal de Lloret de Mar, a porta pechada.

Deixa un comentario