6 de abril de 2024
O Deportivo Liceo pone fin no Palau d’Esports ós seus sete triunfos consecutivos.
As sete vitorias consecutivas do Deportivo Liceo terminaron en terras reusenses. Alí, no Palau d’Esports, o Reus Deportiu conseguiu superar a uns verdibrancos que aínda sobrevivirán á xornada na terceira posición pase o que pase no resto de partidos. De momento permanecen a tres puntos do segundo e a cinco do cuarto, o propio Reus, pero o Calafell deberá xogar para poder poñerse a tres.
Tras este só quedarán tres encontros máis para poñer fin á Fase Regular desta OK Liga, pero comezarán o 20 de abril unha vez haxa que superar o último parón competitivo do curso.
Unha primeira parte de dificultades
O ambiente do Palau d’Esports nunca é fácil e o seu anfitrión demostrouno desde o primeiro momento. Comandado por Sergi Aragonès, o dorsal 6 do Reus xa avisou no terceiro minuto cun man a man que detivo maxistralmente Martí Serra. Non houbo tanta sorte no quinto minuto de xogo, cando unha loita entre os mesmos protagonistas deixou a Aragonès como gañador. Rematou, recolleu o seu propio rexeite e anotou o 1-0.
Sergi Aragonès e Càndid Ballart marcaron a diferenza a favor do Reus
Os verdibrancos non se quedaron cruzados de brazos e probaron todo para buscar o empate. Estiveron preto a través de varios xogadores. Primeiro Sito Ricart, que atopou a Ballart despois dunha boa combinación con Fabri. O segundo intento foi para Dava Torres e o terceiro para Tombita, ambos cos mesmos resultados. A situación complicouse máis cando Diego Rojas, cun disparo potente, mandou a bóla á rede para poñer o 2-0 provisional (minuto 19).
Tamén estivo cerca o 3-0 nunha falta directa de Marc Julià, pero Martí Serra fixo unha gran actuación para manter con vida ó Deportivo Liceo.
Ballart anulou as opcións do Liceo
O Liceo contou con varias oportunidades para meterse de novo no partido, pero o meta local neutralizounas todas
Tampouco houbo sorte na décima falta do equipo de Jordi García, que neste caso enviou a Tomás Pereira ó punto da directa. O seu disparo desviouse pouco antes de que Sito Ricart recibise a tarxeta azul, polo que quen replicou a disciplina foi Martí Casas na portería de Serra. Tampouco atopou éxito: a súa definición pegou no poste esquerdo.
Sergi Aragonès non fallou, autor dun dobrete ó aproveitar un man a man. Co Liceo xa volcado na búsqueda da épica, o mencionado Martí Casas desquitouse do seu erro anterior para colocar o 4-0 definitivo. Así rematou todo.
A seguinte proba dos homes de Juan Copa será no Pazo dos Deportes e contra o Voltregà. Será o próximo 20 de abril ás 17:00h.
FICHA TÉCNICA
REUS: Càndid Ballart; Sergi Aragonès, Maxi Oruste, Marc Julià, Diego Rojas (quinteto inicial), Joan Salvat, Martí Casas, Guillem Jansà, David Gelmà e Nil Viña (meta suplente).
DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Sito Ricart, César Carballeira, Dava Torres, Fabri Ciocale (quinteto inicial), Tomás Pereira, Fran Torres, Guido Pellizzari, Pablo Cancela e Tiago Rodrigues.
ÁRBITROS: Jonathan Sánchez García e Oriol Garriga Mas. Mostraron tarxeta azul a Sito Ricart por parte do Deportivo Liceo.
GOLES: 1-0 (Sergi Aragonès, min. 5). 2-0 (Diego Rojas, min. 19). 3-0 (Sergi Aragonès, min. 44). 4-0 (Martí Casas, min. 49).
OK Liga 23/24. Xornada 23 da Fase Regular. Palau d’Esports (Reus).