1 de setembro de 2023
O Deportivo Liceo de Juan Copa pecha o stage portugués vencendo ó Valongo.
Unha derrota (Barcelos) e dous triunfos. Ese é o rexistro do Deportivo Liceo no seu tradicional stage portugués. O último paso en positivo (o outro deuse ante o Oliveirense) ocorreu ante a Asociación Deportiva de Valongo, un dos equipos referencia do país veciño que loitou ata o instante final.
Juan Copa e os seus xogadores regresan xa á Coruña, onde descansarán. A preparación continuará nunha vindeira semana marcada pola celebración do Torneo Internacional de Famalicão do 8 ó 10 de setembro.
Un inicio diferente
Para variar con respecto ós dous choques anteriores, o inicio deste último si deixou ocasións importantes. A primeira do Liceo tivo o nome de Dava Torres. A do Valongo, o de Almeida. Tanto Tiago Rodrigues (titular na primeira parte) como o seu homónimo Freitas foron capaces de manter o 0-0 no marcador.
O 1-0 do Valongo significou o primeiro comezo negativo do Liceo no stage portugués
Polo menos así foi ata que outro Tiago máis (Sanches) logrou superar ó meta liceísta e poñer por diante ós anfitrións (1-0, minuto 13). Primeira vez no stage na que o equipo comezaba encaixando un tanto. Durou pouco: César encargouse de empatar tres despois e de remontar no 23. Reacción notable e un 1-2 para chegar ó descanso.
Un Valongo que loitou
Regresou o Liceo, Martí Serra reemprazou a Tiago na meta para repartir minutos e a acción continuou. Fabri Ciocale ampliou a distancia verdibranca no minuto 29 (1-3), aínda que faltaba por chegar a boa reacción local.
O conxunto dirixido por Renato mellorou as súas prestacións ofensivas e materializounas en goles. En plural. Primeiro co de Gabriel Azevedo e despois co de Miguel Moura.
No 39 o marcador mostraba un empate a 3. Sen embargo, o partido non acabou así. Tomás Pereira, coa súa segunda diana da pretempada, anotou a falta de nove minutos o 3-4 definitivo.
Próximos amistosos
O 23 de setembro será o debut oficial coa semifinal de Supercopa ante o Reus. Ata entón, estes son os outros catro amigables confirmados da pretempada:
- 8, 9 e 10 de setembro | Torneo Internacional de Famalicão (Portugal) ante Famalicense (21:00h), Riba D’Ave (20:00h) e Saint-Omer (16:30h) respectivamente. Horas españolas.
- 17 de setembro ante o Rivas Hockey no Pazo dos Deportes de Riazor. Horario por confirmar.
FICHA TÉCNICA
VALONGO: Tiago Freitas; João Lima, Miguel Moura, Carlos Ramos, João Almeida (quinteto inicial), Francisco Silva, Tiago Sanches, João Pedro, Gabriel Azevedo y Gonçalo Bento (meta suplente).
DEPORTIVO LICEO: Tiago Rodrigues; Sito Ricart, César Carballeira, Dava Torres, Pablo Cancela (quinteto inicial), Fabri Ciocale, Fran Torres, Tomás Pereira y Martí Serra (meta suplente).
TARJETAS: No hubo.
GOLES: 1-0 (Tiago Sanches, min. 13). 1-1 (César Carballeira, min. 16). 1-2 (César Carballeira, min. 23). 1-3 (Fabri Ciocale, min. 29). 2-3 (Gabriel Azevedo, min. 33). 3-3 (Miguel Moura, min. 39). 3-4 (Tomás Pereira, min. 41).
Pretemporada 2023. Partido amistoso. Pavilhão Municipal de Valongo (Portugal).